Que como traballamos?

Dentro de Undodez convive un experimentado equipo de desenvolvemento e de produción, que traballa sumando esforzos co o obxectivo último de crear produtos audiovisuais de entretemento e publicitarios.
O equipo de desenvolvemento imaxina, pensa e escribe. Bota ao aire centos de ideas cada día, que quedan logo plasmadas en guións, biblias e sinopses. Traballamos cos mellores e máis experimentados guionistas e directores do noso país, cunha visión ampla, pensando no percorrido de cada proxecto e as súas posibilidades.
En produción, e grazas a acordos de colaboración con outras produtoras, dámoslle forma ás ideas. Baixámolas ao terreo e poñémolas diante dunha cámara, cun micrófono diante, e un equipo de edición preparado para convertilas en historias que poidan quedar para a posteridade.