As producións de Undodez foron recoñecidas na gala celebrada en Lugo o pasado sábado, nunha edición marcada pola forza do audiovisual galego.
Bechos é unha serie de animación infantil producida por Undodez para a Televisión de Galicia, dirixida por Andrés e Laura Mahía. A través das aventuras de catro pequenos animais, transmite valores como a amizade, o respecto pola natureza e a importancia de compartir e reciclar.
Estreada en 2023, a serie lanzou unha segunda temporada en 2025 con dez novos episodios e os mesmos protagonistas: Xurxo, Xiana, Catuxa e Margarida, consolidándose como unha aposta polos contidos infantís en galego.
Noticias relacionadas
‘Bechos’ repite como finalista nos XXIV Premios Mestre Mateo
A serie de animación infantil producida por Undodez para a TVG volve situarse entre as finalistas dos galardóns do audiovisual galego, consolidando o seu percorrido como unha referencia dos contidos para primeiras idades en galego.
‘Ao son da nova regueifa’, ‘Pipo’, ‘Bibopalula’ e ‘Bechos’, finalistas nos XXIV Premios Mestre Mateo
Sumamos sete candidaturas finalistas na vixésimo cuarta edición dos premios do audiovisual galego, con presenza nas categorías de documental, serie, serie web, música orixinal e anuncio publicitario.
Undodez presenta sete producións aos XXIV Premios Mestre Mateo
Participamos nesta edición dos Premios Mestre Mateo con proxectos candidatos nas categorías de documental, animación, serie, videoclip, e anuncio nun ano de récord para o audiovisual galego.
Cinco candidaturas para proxectos de Undodez nos primeiros Premios AGalega.gal
‘Nosoutras’, ‘Na Gloria’, ‘Recollendo Músicas’, ‘Bechos’ e ‘Bibopalula’ optan a catro das once categorías dos premios.
‘Bechos’ recibe o premio Deleite á promoción da lingua
O galardón especial da Academia Galega do Audiovisual recoñece o labor da serie para facilitar a aprendizaxe e promovendo o uso cotiá do galego.





