Berta é unha rapaza de seis anos que vive coa súa nai e co seu irmán pequeno, un cativo de ano e medio que aínda non anda nin fala e ao que chama sempre Mocos.

O primeiro día do novo curso escolar, Berta descubre no patio traseiro a Pipo, un extraterrestre que caeu do ceo. Berta decide acollelo no seu cuarto sen saber que Pipo é bastante diferente a ela: ruidoso, desordenado… E cun apetito desbocado que fai que coma practicamente calquera cousa. Pero ademais de moita fame, Pipo ten, tamén, outros moitos secretos.

Pipo intégrase na familia e vai descubrindo con sorpresa e curiosidade todos os hábitos dos humanos: desde lavar os dentes ata pelar as laranxas. O mundo cotiá de Berta convértese así no escenario dunha aventura permanente: que fará hoxe Pipo?

Pipo

Undodez
Dirixido por Laura Mahía

Animación

Onde velo

Noticias relacionadas

Aínda non coñeces a ‘Pipo’?

A serie de animación infantil producida por Undodez concorre na categoría de Mellor serie web, reforzando a presenza da produtora nunha edición que confirma o bo momento do audiovisual galego.

Ler máis
undodez.gal