Recollendo Músicas é unha exploración pola pegada que a música de raíz e os ritmos tradicionais galegos teñen nas músicas actuais. Coñecemos diferentes propostas de artistas e grupos que manteñen viva a nosa tradición a través de novas linguaxes e sonoridades modernas.
‘Recollendo Músicas’, finalista nos Premios Martín Códax da Música
O programa dirixido por Borja Casal e Saúl Rivas foi seleccionado como un dos mellores proxectos de comunicación e difusión musical. Os gañadores daranse a coñecer o próximo 28 de maio en Pontevedra.





