Alana, o proxecto musical que fusiona a música tradicional galega con ritmos electrónicos e pop, presenta o seu videoclip Vilardevós.

A peza, parte dunha recollida realizada ás veciñas de Terroso, en Vilardevós, que transmitía un ambiente de festa, balbordo e alegría compartida. Inspirado nesta memoria oral, o videoclip constrúe unha celebración colectiva onde a música funciona como motor de encontro e comunidade. A peza, dirixida por Einibó e producida por Undodez, combina tradición e electrónica e conta coa participación do colectivo PAN.SEN.FRON, así como dos membros de Alana: Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro. A rodaxe tivo lugar na Coruña, reunindo un equipo artístico e técnico que deu forma a unha posta en escena dinámica, colorida e vitalista, reforzando a sensación de festa compartida que inspira o tema.

Vilardervós · Alana

Undodez e Alana
Dirixido por Adolfo Fernández

Videoclip

Onde velo

Noticias relacionadas

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.