Esta é unha historia de amor: de amor pola música e de amor por un pai. Anna Lomax será a encargada de devolver as cintas e os cadernos onde o seu pai, o prestixioso etnomusicólogo Alan Lomax, recolleu as músicas tradicionais que encontrou en Galicia cando a visitou en 1952. Aos seus 80 anos e despois dunha vida dedicada á música e á conservación do legado do seu pai, Anna quere repatriar unha chea de materiais de incalculable valor patrimonial ao seu lugar de orixe. Para cumprir co seu propósito viaxará desde os Estados Unidos ata distintas aldeas galegas onde se encontrará cos descendentes dos informantes orixinais, uns xa de avanzada idade e outros aínda adolescentes, aos que lles devolverá da súa propia man as gravacións dos seus familiares. O contraste xeográfico, cultural e xeracional fará desta road movie documental unha viaxe única e especial na que Anna cumprirá coa promesa que lle fixo ao seu pai antes de morrer: dar a coñecer no mundo e en cadansúa comunidade as músicas que Alan recolleu.
As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.