Mulleres en rede

Documental
En desenvolvemento

Mulleres en rede

Un grupo de mulleres “ás que xa lles chaman vellas, por estar na década dos sesenta, setenta, oitenta, noventa” reúnense en torno a unha mesa. Falan por medio da palabra, a imaxe e o son, do paso do tempo, do amor e as súas ausencias, da (in)dependencia, dos coidados, da vellez e da morte. Chegan das catro provincias galegas, de cidades e aldeas, todas representantes dun sistema de coidados -invisibilizado- que nos sostivo e nos sostén. 

Reúnense para realizar un exercicio de memoria e proxección colectiva que se inicia coa posta en común dunhas vidas atravesadas pola cultura do amor baseada no sacrificio, para xuntas revisar e reconstruír, desde a experiencia individual e colectiva, un sistema de coidados máis xusto e equilibrado, que reivindique a potencia e a necesidade do estar, escoitar, acompañar e alimentar as distintas etapas da vida. 

En tempos de conflitos e velocidade, onde o valor das vidas mídese pola súa capacidade de producir, Mulleres en rede reivindica o valor subversivo dos coidados e a necesidade de actualizar, equilibrar e visibilizar ese labor esencial dende os códigos do presente.

  • Idea orixinal
    Hadriana Casla
  • Produción
    Elisa Martínez
  • Idea orixinal
    Hadriana Casla
  • Produción
    Elisa Martínez