Xeosónica é un proxecto transmedia que fai unha exploración do son desde un punto de vista artístico. Configurado como un puzzle multimedia con múltiples pezas: paisaxes sonoras, pílulas informativas, intervencións artísticas, creacións sonoras e unha curtametraxe na que o son é o protagonista absoluto. Un enfoque experimental e lúdico que nos leva a unha viaxe dende a natureza á humanidade.

Todos os contidos están dispoñibles na plataforma xeosonica.gal para o seu acceso libre. Xeosónica é un proxecto de Undodez que contou coa subvención do Ministerio de Cultura e Deporte dentro do seu programa de axuda ao Sector do Videoxogo e a Creación Dixital.

Xeosónica

Undodez
Dirixido por Andrés Mahía

Cultura

Onde velo

Noticias relacionadas

A experiencia Xeosónica inicia a súa viaxe

A instalación ‘Deslocalizando Xeosónica’ percorrerá diferentes vilas do interior da provincia da Coruña durante as próximas semanas. O contedor marítimo ofrece unha experiencia sonora inmersiva que busca motivar unha reflexión sobre o ruído presente nas nosas vidas.

Ler máis
undodez.gal