Producimos desde Galicia para todas as pantallas pensando no público.
Camiñamos na produción de ficción, en especial de comedia, e de entretemento e documental sobre historias relacionadas co lugar do que somos e no que queremos traballar.
Contamos con outras dúas liñas de produción especializada: de publicidade, e de animación en galego para primeiras e primeiros espectadores.
Comprometémonos coa cultura e a lingua do noso país prestando atención aos contidos que contribúen a dar a coñecer o noso patrimonio.

Moito Chiste
'Moito Chiste’ leva polos bares e tabernas de Galicia o mellor humor da man de Xosé A. Touriñán. Catro veciños de cada localidade compiten contando os seus mellores chistes no mellor programa pero peor concurso da televisión, en palabras de Touriñán, no que non gaña o máis simpático, senón quen máis familia leve como público.
Ver en Agalegal.gal
Entretemento

Millonarios
Telmo e Luisa gañan o Euromillón, pero seguen coa súa vida de sempre mentres descobren o mundo do luxo ao seu xeito.
Ver en Agalegal.gal
Ficción

Vilardevós · Alana
Alana, o proxecto musical que fusiona a música tradicional galega con ritmos electrónicos e pop, presenta o seu videoclip Vilardevós.
Ver en YouTube
Videoclip

Añobres · Alana
Alana, o proxecto musical que fusiona a música tradicional galega con ritmos electrónicos e pop, presenta o seu videoclip Añobres.
Ver en YouTube
Cultura, Videoclip

Pipo
Pipo, un extraterrestre curioso e lambón, aterrizou no xardín de Berta para converter cada día nunha nova aventura.
Ver en Xabarin.gal
Infantil

Bibopalula
Pegui, Merli, Robin e Carpin viven aventuras musicais nun bosque cheo de natureza pensado para os máis pequenos.
Ver en Xabarin.gal
Infantil

Recollendo Músicas
Unha viaxe pola música de raíz galega e a súa influencia nas propostas de artistas que reinventan a tradición.
Ver en Agalega.gal
Cultura

Na Gloria
Pati muda a cidade polo rural para empezar de novo, pero os veciños de A Gloria poñerán a proba a súa paciencia.
Ver en Agalega.gal
Ficción

Nosoutras
Desde o humor e a admiración, Nosoutras reivindica o legado de mulleres clave da cultura galega.
Ver en Agalega.gal
Cultura

Bechos
Xurxo, Xiana, Catuxa e Margarida viven aventuras que transmiten valores como a amizade e o respecto pola natureza.
Ver en Xabarin.gal
Infantil

Nena
Desde a mirada dunha nena de 12 anos, esta curtametraxe aborda a perda, os coidados e os afectos con humor.
Ver en Agalegal.gal
Ficción

A Quincena do Apóstol · Boyanka Kostova
O grupo compostelán presenta o seu último tema neste vídeo realizado por Toño Chouza.
Ver en YouTube
Cultura, Videoclip

Xeosónica
Unha proposta transmedia que combina arte, son e experimentación nunha viaxe sensorial única.
Ver en Vimeo
Cultura

Catro gatos
Un formato de humor onde a tertulia entre catro amigos dá paso a sketch cómicos sobre a vida cotiá.
Ver en Agalega.gal
Entretemento, Ficción

Origen
Un programa de divulgación gastronómica que explora a orixe de produtos como o xamón, a trufa ou a centola.
Ver en RTVE play
Cultura

Somos Criminais
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán levan o seu espectáculo a un formato audiovisual en directo como unha función teatral.
Ver en Agalega.gal
Entretemento

Nivel Experta · Fredi Leis
Un videoclip acústico de Fredi Leis gravado en Santiago de Compostela no que a luz e o piano marcan a atmosfera.
Ver en YouTube
Videoclip
