Todo comeza cunha busca, a da Nova Regueifa. Nese proceso, rematamos decatándonos de que xa estamos camiñando ao son dela. Este documental propón unha viaxe na procura das pontes construídas entre a Regueifa tradicional e as súas expresións máis contemporáneas, afondando no proceso de recuperación e transformación desta arte da improvisación oral na Galiza.
Nun percorrido que atravesa o país de norte a sur, coñecemos regueifeiras e regueifeiros que nos abren as portas ao mundo do repentismo, traendo á fronte o talento, a creatividade e a diversiadade que caracteriza a Regueifa hoxe en día. Neste itinerario que vai de Bergantiños a Vigo, non deixan de presentársenos unha serie de opostos: tradición e modernidade, aldea e cidade, aprendizaxe innata e pedagoxía…
A través de testemuñas apaixonadas, versos improvisados e moita música, trazamos un retrato poliédrico da Regueifa contemporánea: unha arte con raíces fondas e ás abertas, disposta a seguir improvisando polos camiños do vento.
Premios e Festivais
- Selección na V Muestra de Cine Documental Musical de Gijón 2026
- Selección no Certame Semana de Cine de Lugo 2026
- Selección no Slemani International Film Festival 2026
Proxeccións
- 18/07/2026 – A Pobra do Brollón – Ciclo Mestre Mateo – Festival Brincadeira. 18.30h
- 19/07/2026 – Taboada – Ciclo Mestre Mateo
- 19/07/2026 – Fornelos (Fafe) – Eco Festival Terra Mãe
- 25/07/2026 – Sines – Festival Músicas do Mundo de Sines (FMM Sines)
- 29/07/2026 – Montevideo – Ciclo Mestre Mateo
- 31/07/2026 – Cedeira – Ciclo Mestre Mateo
- 06/09/2026 – Bos Aires – Ciclo Mestre Mateo
- 11/09/2026 – Ribadavia – Ciclo Mestre Mateo
- 13/09/2026 – Foz – Ciclo Mestre Mateo
- 13/09/2026 – Vilalba – Ciclo Mestre Mateo
- 18/09/2026 – Laxe – Salón de Actos do Concello. 18.00h
- 24/09/2026 – Ribeira – Centro Cultural Lustres Rivas. 12.00h
- 25/09/2026 – A Laracha – Casa da Cultura
- 28/09/2026 – Arnoia – Ciclo Mestre Mateo
- 2/10/2026 – Ares – Biblioteca Municipal. 20.00h
- 2/10/2026 – Neda – Casa da Cultura- 20.30h
- 3/10/2026 – Arteixo – Capela do Balneario. 21.00h
- 11/10/2026 – Outes – Casa da Cultura. 19.00h
- 13/10/2026 – Río de Janeiro – Ciclo Mestre Mateo
- 14/10/2026 – Arzúa – Ciclo Mestre Mateo
- 15/10/2026 – Negreira – Casa da Cultura. 20.00h
- 15/10/2026 – Carral – Casa da Cultura. 10.30h
- 15/10/2026 – Lisboa – Ciclo Mestre Mateo
- 20/10/2026 – A Cabana de Bergantiños – CPI As Revoltas
- 20/10/2026 – Fene – IES de Fene. 16.30h
- 23/10/2026 – Carnota – Auditorio Municipal do Campo do Viso. 21.00h
- 23/10/2026 – Moeche – Sala de exposicións do Castelo de Moeche. 20.00h
- 24/10/2026 – San Sadurniño – Ciclo Mestre Mateo
- 24/10/2026 – Porto do Son – Casa da Cultura. 20.00h
- 25/10/2026 – Mazaricos – Casa da Cultura. 17.00h
- 30/10/2026 – Abegondo – Escola Municipal de Música de Abegondo. 20.00h
- 4/11/2026 – Coristanco – Casa da Cultura. 11.00h
- 13/11/2026 – Coirós – Centro Social de Coirós. 19.00h
- 13/11/2026 – Malpica de Bergantiños – Centro Cívico. 20.00h
- 22/11/2026 – Corcubión – Casa da Cultura. 18.00h
- 27/11/2026 – Muros – Centro Cultural e Xuvenil
- 4/12/2026 – Brión – Centro Social Polivalente. 20.00h