Sobre nós

Traballamos na produción de contidos audiovisuais en Galicia. Nacemos no 2012 da man do actor Xosé A. Touriñán, a quen se unen máis adiante os produtores Javi Lopa e Álvaro Pérez Becerra. Ao longo destes anos fomos quen de medrar sen presas, traballando nun xeito de facer na industria moi relacionado coas historias nas que cremos, e por suposto, co público.

Producimos contidos de ficción, de publicidade, e relacionados coa cultura. De diferentes xéneros e en distintos formatos. Exploramos novas formas de facer, a través de produtos transmedia, e da innovación tecnolóxica aplicada aos procesos de produción.

Logo de moitos anos no sector, ofrecemos servizos de produción a outras empresas do sector, así como medios materiais e recursos profesionais para calquera proxecto audiovisual neste país.

 Somos irmáns de Ainé, unha das produtoras de artes escénicas máis relevantes de Galicia, con quen compartimos equipos, proxectos e filosofía de traballo.

 No 2022 poñemos en marcha, en colaboración co Ministerio de Cultura e Deportes, un proxecto estratéxico para a produción de contidos complementarios a todos os nosos proxectos, que busca consolidar un xeito de facer, e fortalecer a nosa estrutura como produtora en Galicia.

Portada » Sobre nós

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.