Os anos de experiencia no sector audiovisual en Galicia leváronnos a coñecer a decenas de empresas e profesionais cos que tivemos ocasión de traballar en moitos proxectos. Establecemos relacións de confianza, que hoxe nos permiten resolver as necesidades das produtoras que rodan os seus traballos no noso país.
Servizos

Equipos de produción
O noso equipo traballa en producións propias, pero tamén noutras de produtoras que traen os seus proxectos a Galicia: dirección e xefatura de produción, secretaría e axudantía de produción, ademais dunha ampla rede de persoal auxiliar especializado.

Medios técnicos e de produción
Contamos con diverso equipamento de iluminación e de cámara, así como recursos materiais de produción, atrezzo ou vestiario para a producións de distintas dimensións.

Consultoría
Aproveitamos a experiencia de case quince anos traballando no sector audiovisual en Galicia para asesorar a profesionais e empresas que queren rodar os seus traballos aquí, tanto en materia de produción, como de permisos, lexislación, axudas e financiamento…

Rede de colaboradores
Traballamos a diario coas grandes empresas e profesionais galegos, especializados nos diferentes ámbitos da produción audiovisual. Compartimos proxectos e clientes para facer máis forte a industria creativa no noso país.
Portada »