A experiencia Xeosónica inicia a súa viaxe

A instalación ‘Deslocalizando Xeosónica’ poderá verse en diferentes vilas da provincia da Coruña durante as próximas semanas

A experiencia itinerante Xeosónica viaxa do mar ao interior. Foto: Aigi Boga

Deslocalizando Xeosónica: un percorrido sonoro do mar ás vilas é unha instalación itinerante que busca levar a creación sonora e a reflexión sobre o ruído que nos rodea a lugares que adoitan ser alleos a estas experiencias artísticas. Pretende tamén motivar unha reflexión na cidadanía sobre a presenza constante de ruído nas nosas vidas e contornas, presentada en forma de creación dixital de vangarda.

Esta acción é unha peza máis do proxecto transmedia Xeosónica, un traballo que fai unha exploración do son desde un punto de vista artístico e didáctico. Configurado como un puzzle multimedia con múltiples pezas, ofrece paisaxes sonoras, entrevistas con expertos, gráficas informativas, intervencións artísticas e creacións sonoras. Un enfoque experimental no que o ruído se proxecta como desestabilizador da vida, cuestionando o proceder actual e iniciando unha viaxe dende a natureza á humanidade.

Deslocalizando Xeosónica leva as experiencias artísticas fóra do seu contexto mediante unha instalación itinerante de son binaural e proxeccións dentro dun contedor marítimo. Esta instalación percorrerá as vilas da provincia da Coruña, resignificando prazas, rúas e incluso pequenos portos alonxados do gran estrondo presente en factorías e canais de paso de transportes pesados.

Agora, esta instalación comeza un percorrido dende o mar ás vilas, para converter as prazas do interior da provincia da Coruña en pequenos centros de arte ao aire libre. O contedor marítimo de Deslocalizando Xeosónica inicia este xoves, 23 de decembro, o percorrido en Carral, onde estará instalado no Campo da Feira. Despois, continuará o seu percorrido pola provincia:

  • Carral · Campo da Feira · 23 e 24 de novembro
  • Ordes · Alameda de Ordes · 25 e 26 de novembro
  • Zas · Praza Jorge Mira · 27 e 28 de novembro
  • Negreira · Praza do Concello · 29 e 30 de novembro
  • Carballo · Praza do Concello · 1 e 2 de decembro
  • Cerceda · Campo da Feira · 4 e 5 de decembro

A entrada á experiencia inmersiva de Xeosónica é de libre acceso, os horarios de apertura son de 11.00 a 14.00 e de 15.00 a 18.00 horas.

Este actividade conta para a súa realización co apoio da Deputación da Coruña a través do seu programa de axudas a proxectos singulares de especial interese cultural.

Portada » Caderno » A experiencia Xeosónica inicia a súa viaxe

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.