Esta semana, eleccións na Gloria

A Televisión de Galicia emite un novo capítulo desta comedia. Cristina Castaño, David Perdomo, Lucía Veiga, Dani Rovira e Xosé A. Touriñán son os protagonistas da serie que coproducimos con Tex45.
Lucía Veiga é Paca. Foto: Aigi Boga

As eleccións municipais na Gloria convértense nunha carreira entre o candidato de sempre e Paca do Centro, empeñada en rematar coa corrupción sistémica que afecta ao concello. Pero nada é o que parece.

Un novo capítulo de ‘Na Gloria’ que chega este domingo, ás 22.00 horas, á Televisión de Galicia. A serie, creada por Xosé A. Touriñán, Andrés Mahía e Xosé Castro, está protagonizada por Cristina Castaño, Lucía Veiga, David Perdomo, Víctor Mosqueira e o propio Touriñán.

Tamén pode verse na nova plataforma de contidos AGalega, que xa conta con aplicacións para iOS e Android, e que ofrece máis capítulos da serie, así como outros programas ou filmes para desfrutar en calquera momento.

Portada » Caderno » Esta semana, eleccións na Gloria