Alana, o proxecto musical que fusiona a música tradicional galega con ritmos electrónicos e pop, presenta o seu videoclip Añobres, dirixido por Saúl Rivas e Adolfo Fernández.

Añobres é unha homenaxe a Delfina de Añobres, unha muller cuxas coplas foron recollidas por Dorothé Schubarth en 1979 para o Cancioneiro Galego de Tradición Oral. O videoclip, protagonizado por Xoán Fórneas, foi rodado na casa natal de Delfina, en Añobres (Muxía), e conta coa participación dos seus familiares e dos membros de Alana: Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro.

Añobres · Alana

Undodez e Alana
Dirixido por Saúl Rivas e Adolfo Fernández

Cultura

Onde velo

Noticias relacionadas