Xa está en liña ‘Xeosónica’

Logo da presentación que tivo lugar no Museo do Mar de Galicia, todos os contidos de Xeosónica están dispoñibles en aberto na plataforma xeosonica.gal

A terraza do Museo do Mar de Galicia acolleu a estrea de Xeosónica, un proxecto transmedia que fai unha exploración do son desde un punto de vista artístico. A comunicadora ambiental Xiana Albor foi a anfitrioa desta xornada festiva na que fixemos públicos todos os contidos que conforman este proxecto. Durante o acto, que contou cun cóctel coa colaboración de Nordesía, os asistentes coñeceron de primeira man o proceso de creación do proxecto.

A estrea da curtametraxe MMRRSMM… (As Músicas dos Ruídos dos Sons do Mar) tivo lugar nunha proxección ao aire libre na que o son do mar de fondo mesturouse co do público asistente ao que o seu director Andrés Mahía pediu que non mantivera o silencio; xa que o protagonista absoluto do día tiña que ser o ruído. Tamén salientou o traballo de Santi Jul, responsable do son en directo e tamén, xunto con Iván Laxe das músicas mínimas e de Jairo Iglesias, director de fotografía e editor da peza.

Finalizada a proxección, foi o turno de dar a coñecer as creacións sonoras de Acacia Ojea, Carlos Suárez, Juanma LoDo e Marco Maril. Os catro artistas traballaron a partir de sons recollidos durante as gravacións do proxecto e elaboraron as súas músicas centradas nos sons da auga, dos humanos, das máquinas e do vento.

Paralelamente, a instalación Deslocalizando Xeosónica estivo instalada ata o domingo 26 de xuño na Illa de Arousa. Esta proposta itinerante traslada os sons do Atlántico no interior dun contedor marítimo, levando a creación sonora e a reflexión sobre o ruído que nos rodea fóra dos museos, a lugares que adoitan ser alleos a estas experiencias artísticas. Pretende así motivar unha reflexión na cidadanía sobre a presenza constante de ruído nas nosas vidas, presentada en forma de creación dixital de vangarda.

Xeosónica está configurado como un puzzle multimedia con múltiples pezas: paisaxes sonoras, pílulas informativas, intervencións artísticas, creacións sonoras e unha curtametraxe na que o son é o protagonista absoluto. Un enfoque experimental e lúdico que nos leva a unha viaxe dende a natureza á humanidade.   Todos os contidos están dispoñibles na plataforma xeosonica.gal para o seu acceso libre. Xeosónica é un proxecto de Undodez que contou coa subvención do Ministerio de Cultura e Deporte dentro do seu programa de axuda ao Sector do Videoxogo e a Creación Dixital.

Portada » Caderno » Xa está en liña ‘Xeosónica’

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.