20 novos capítulos de ‘Bibopalula’ chegan a Xabarin.gal

Con estas novas aventuras e cancións, xa son 40 os episodios dispoñibles en Xabarin.gal e nas aplicacións para dispositivos móbiles e televisións intelixentes da plataforma infatil da Televisión de Galicia.
Pegui, Merli, Robin e Carpin vivirán novas aventuras e cantarán sobre elas, ademais de coñecer novos amigos.

As novas aventuras de Robin, Merli, Carpin e Pegui xa están dispoñibles na plataforma Xabarin.gal. A Banda do Bosque chega con 20 novas cancións que tamén están dispoñibles nas principais plataformas de streaming.

Nestes novos episodios, a Banda do Bosque coñecerá novos amigos, descubrirá fenómenos naturais impresionantes, o poder da risa, o difícil que é despedirse dos amigos e, sobre todo, dará moitos concertos nos que cantará sobre as cousas máis fascinantes da natureza e sobre a alegría de desfrutar da amizade e vivir aventuras.

Despois do éxito dos episodios iniciais, que levaron a Bibopalula a ser a serie máis vista da plataforma infantil da Televisión de Galicia, estes novos capítulos achegan novas situacións e cancións coas que os e as máis pequenas poderán desfrutar este Nadal, con debuxos no seu idioma que buscan a mirada curiosa cara a natureza máis próxima e os seus habitantes.

Durante estas primeiras semanas, a serie conseguiu conectar coa audiencia máis esixente, as e os pequenos. As cancións de Bibopalula, que poden escoitarse nas principais plataformas de streaming, teñen xa unha lexión de pequenos e pequenas fans que, en moitos casos, achéganse por vez primeira á musica na nosa lingua dentro dun formato audiovisual.

Portada » Caderno » 20 novos capítulos de ‘Bibopalula’ chegan a Xabarin.gal

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.