Tras gañar unha fortuna no Euromillón, Telmo e Luisa deciden manter en segredo a súa riqueza e seguir coa vida tranquila que sempre levaron. Pero ter millóns no banco tamén ten as súas vantaxes, e a parella non está disposta a renunciar a elas…
En cada episodio, Telmo e Luisa mergúllanse nunha nova experiencia propia do mundo do luxo. O problema é que afrontan cada situación coa mesma naturalidade, retranca e sentido común de sempre, provocando un divertido choque entre dous mundos completamente distintos.
Unha comedia que nos ensina que hai cousas que nin todos os millóns do mundo poden cambiar!