‘A Quincena do Apóstol’ e ‘Catro Gatos’ finalistas nos Mestre Mateo

As producións de Undodez suman catro candidaturas finalistas na XXI edición dos Premios Mestre Mateo que convoca a Academia Galega do Audiovisual. Os gañadores coñeceranse na gala de premios que terá lugar o 11 de marzo en Ourense

Xosé A. Touriñán en ‘Catro Gatos’. Foto: Aigi Boga

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer as producións e profesionais finalistas nos XXI Premios Mestre Mateo. As nosos traballos tiveron unha boa acollida, colleitando 4 candidaturas para esta edición dos premios do audiovisual galego.

Catro Gatos, programa que producimos con Tex45 para a Televisión de Galicia opta ao galardón a Mellor Programa e Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias a Mellor Comunicador e Mellor Realizador respectivamente. Este programa de humor é un formato que mestura a tertulia humorística cos sketchs de comedia. David Perdomo, Fátima Pego e Noemi Rodríguez acompañan a Touriñán neste programa que foi proposto a Mellor Programa xunto a Cinephilia, Clac e Dígocho Eu!

Pola súa banda, A Quincena do Apóstol dos composteláns Boyanka Kostova, opta ao premio na categoría a Mellor Videoclip. Este traballo está dirixido por Toño Chouza quen tamén é coprodutor do traballo. Competirá polo premio cos traballos de Noa, A Banda da Loba e Tanxugueiras.

Vémonos o 11 de marzo en Ourense. Parabéns a todos os finalistas!

Portada » Caderno » ‘A Quincena do Apóstol’ e ‘Catro Gatos’ finalistas nos Mestre Mateo

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.