A Televisión de Galicia estrea os cinco últimos capítulos de ‘Na Gloria’

A canle pública emite os últimos cinco episodios da serie protagonizada por Cristina Castaño, Lucía Veiga, David Perdomo, Dani Rovira e Xosé A. Touriñán. O desenlace de 'Na Gloria' será este sábado 1 de xuño a partir das 22.00 horas.
A chegada de Pati á Gloria revolucionou a aldea. E tamén a Lolo. Foto: Aigi Boga

Moitas cousas aconteceron desde que Pati (Cristina Castaño) chegou á Gloria coa intención de abrir un hotel de turismo rural. O seu cambio de estilo de vida —do taballo de executiva dunha gran empresa en Madrid a rexentar un hotel nunha pequena aldea galega— prometía calma, conexión coa natureza e riqueza espiritual. Nada —ou case nada— diso pasou.

Pati revolucionou a aldea coas súas maneiras, a súa desconexión co xeito de ser da veciñanza e, tamén hai que dicilo, pola suspicacia dos propios veciños que ven nela moito máis do que hai. E case todo malo.

A súa chegada, tamén revolucionou a Lolo (Xosé A. Touriñán), quen pouco máis tiña en que pensar que nos traballiños no seu obradoiro ata que a “madrileña” chegou á Gloria. A súa non é unha relación doada, pero é que a química é así, ás veces as cousas mesturan ben e outras… incluso poden estourar.

Logo de moitas idas e vidas, de achegamentos, despidos, ciúmes, reconciliacións… chega o momento da verdade.

Un maratón para rematar

A Televisión de Galicia proponnos para este sábado, 1 de xuño, os cinco últimos capítulos desta serie creada por Xosé A. Touriñán, Andrés Mahía e Xosé Castro e producida por Tex45 e Undodez. A partir das 22.00 horas poderemos desfrutar coa primeira comedia desenvolta para AGalega que deu o salto á televisión.

Os capítulos, de 15 minutos de duración, contan cun reparto de luxo con Cristina Castaño, Lucía Veiga, David Perdomo, Dani Rovira, Víctor Mosqueira, María Costas, Ana Santos e Xosé A. Touriñán. Neste desenlace da serie, Javier Veiga aparece como convidado especial cun papel determinante no destino de Pati e Lolo.

A serie tamén está dispoñible en AGalega.gal e nas aplicacións para dispositivos da plataforma da Televisión de Galicia.

Portada » Caderno » A Televisión de Galicia estrea os cinco últimos capítulos de ‘Na Gloria’

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.