Antía Touriñán recibe un premio polo seu papel en ‘Nena’ no festival ¡Cort… en!

A curtametraxe de Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias segue sumando recoñecementos en festivais de todo o mundo. Este primeiro premio recibido por Antía Touriñán súmase á longa lista de recoñecementos que leva colleitados 'Nena'.
Antía Touriñán durante a rodaxe de 'Nena'. Foto: Aigi Boga

A protagonista de Nena vén de recibir o premio á mellor actriz menor de 30 anos na 25ª edición do festival de curtas ¡Cort… en!, que se celebra en Calahorra, na Rioxa. Este primeiro recoñecemento á xoven actriz súmase á longa listga de premios que Nena está colleitando desde a súa estrea.

O premio foi entregado nunha gala celebrada no Teatro Ideal de Calahorra conducida pola actriz María José Garrido. O xurado recoñeceu o labor de Antía Touriñán no papel protagonista de Nena, unha curta que xira ao redor dos afectos e as responsabilidades que recaen sobre unha rapaciña nova que vive nun mundo de homes.

O festival rioxano recoñeceu tamén as curtametraxes París 70 e Tumbas vecinas cos premios a mellor curtametraxe e o premio do público respectivamente.

Portada » Caderno » Antía Touriñán recibe un premio polo seu papel en ‘Nena’ no festival ¡Cort… en!

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.