Bibopalula celebra a chegada dos Reis cunha carroza na cabalgata da Coruña

Robin, un dos protagonistas da Banda do Bosque, percorreu as rúas da cidade a bordo do Titanic repartindo caramelos e saudando a todas as nenas e nenos presentes nunha tarde máxica.
Robin saudou aos milleiros de nenas e nenos que ateigaron as rúas da Coruña. Foto: Aigi Boga

A campaña de promoción de Bibopalula, a primeira serie musical de debuxos en galego, chegou na víspera de Reis á Coruña. Robin, acompañado de doce nenas e nenos, percorreron as rúas da cidade a bordo do Titanic, o barco que tan ben coñecen as pequenas e pequenos seguidores da Banda do Bosque.

A carroza uniuse á comitiva que abriu o camiño das súas maxestades os Reis Magos cara á praza de María Pita, onde foron recibidos pola alcaldesa da cidade. Durante a ruta, Robin tivo ocasión de saudar a todas as familias presentes, e de repartir milleiros de caramelos, mentres soaban algunhas das cancións máis coñecidas de Bibopalula.

O mellor peche para as accións promocionais durante o Nadal

Coa carroza na cabalgata de Reis da Coruña Bibopalula pecha todo un mes de promoción da serie en decenas de canles e soportes dixitais e nas estradas e rúas de toda Galicia. Durante todo decembro a serie estivo presente en grandes soportes publicitarios das principais cidades, nos estadios de Riazor e Balaídos, ou nas redes sociais grazas á colaboración de decenas de caras coñecidas da música ou o xornalismo que se prestaron a anunciar o nacemento do proxecto.

Portada » Caderno » Bibopalula celebra a chegada dos Reis cunha carroza na cabalgata da Coruña

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.