Bibopalula celebra a chegada das festas coa panxoliña ‘Ninguén canta mal polo Nadal’

A Banda do Bosque dálle a benvida ao inverno coa panxoliña 'Ninguén canta mal polo Nadal', un tema que chega acompañado dun videoclip realizado en colaboración con Deleite.

Bibopalula súmase ao ambiente festivo deste mes de decembro cun novo lanzamento musical. A serie preescolar creada por Laura Mahía e Andrés Mahía estrea Ninguén canta mal polo Nadal, unha panxoliña xa dispoñible en todas as plataformas de audio baixo o título internacional When Christmas is here.

A composición, asinada por Andrés Mahía, Santi Jul e Iván Laxe, mantén o espírito da Banda do Bosque: música accesible, ritmo luminoso e unha mensaxe que celebra o valor de cantar xuntos. Como acontece co catálogo musical da serie, a canción combina diversión, aprendizaxe emocional e un enfoque inclusivo, reforzando o papel de Bibopalula como referente da creación infantil en galego.

O lanzamento complétase cun videoclip dirixido por Laura Mahía e Lucía Rodríguez Vaquero, que traslada o universo da serie á estética invernal desta época do ano. A peza audiovisual conta coa colaboración de Deleite, reforzando o vínculo con proxectos que apostan pola nosa lingua.

A panxoliña forma parte do crecemento musical dun proxecto que, ao longo do último ano, ampliou a súa presenza global coa distribución internacional da súa banda sonora e a chegada da serie a novos mercados. Cun catálogo cada vez máis amplo en plataformas dixitais, Bibopalula continúa construíndo un universo no que música, natureza e creatividade van da man.

O tema Ninguén canta mal polo Nadal (When Christmas is here para a súa versión en inglés) pode escoitarse xa en todas as plataformas dixitais de audio.

Portada » Caderno » Bibopalula celebra a chegada das festas coa panxoliña ‘Ninguén canta mal polo Nadal’

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.