‘Bibopalula’ triunfa entre os máis pequenos no Salón do Libro

A Banda do Bosque estará presente ata o 6 de abril no espazo expositivo do Pazo da Cultura de Pontevedra. Laura Mahía, directora da serie, compartiu coas cativas e cativos a segunda xornada do Salón.
Laura Mahía, directora de Bibopalula, estivo na primeira xornada do Salón. Foto: Aigi Boga

O XXVI Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abriu este venres as súas portas. Por diante, tres intensas semanas de programación centradas na literatura, pero na que tamén haberá tempo para o cine e distintas actividades lúdicas dirixidas ás máis pequenas e pequenos.

Bibopalula, a primeira serie musical de debuxos en galego, producida por Undodez e a Televisión de Galicia, estará presente durante toda a duración do Salón cun stand na zona de exposicións, pola que este sábado pasaron centos de nenos e nenas que tiveron ocasión de saudar a Robin, o paporrubio da Banda do Bosque, e tamén a Laura Mahía, creadora da serie.

As familias abarrotaron o espazo no que nunha gran pantalla non deixaron de poder verse os capítulos de Bibopalula, ao tempo que a cativada coloreaba láminas dos distintos escenarios do bosque. Moitas das pequenas e pequenos que se achegaron recibiron ademais a frauta de Robin, que puxo a banda sonora a todo o espazo do Pazo da Cultura.

O conto de Bibopalula, na tenda do Salón

A presenza da serie en Pontevedra durante estas tres semanas permitirá tamén ás familias mercar o primeiro conto da Banda do Bosque, ilustrado por Laura Mahía e escrito por Andrés Mahía. Case corenta páxinas que contan o nacemento da banda que deu lugar a todas as historias que forman parte dos cincuenta e cinco episodios da serie.

Portada » Caderno » ‘Bibopalula’ triunfa entre os máis pequenos no Salón do Libro

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.