Deleite aposta pola innovación co leite A2A2

A marca galega revoluciona o mercado cun produto único en España. A campaña de lanzamento de Deleite A2A2 conta con dous anuncios producidos por Undodez.

Deleite apostou por un produto completamente novo no noso mercado, o leite A2A2. Trátase dun leite producido por vacas que, pola súa xenética natural, non teñen a proteína beta-caseína A1 causante de boa parte dos problemas dixestivos relacionados co consumo de leite. É un leite natural, non enriquecido ou funcional, é dicir, non responden a un proceso tecnolóxico. Para producila, seleccionan as vacas que, de xeito natural, non posúen a mutación xenética que incorpora a A1 ao leite.

Deste xeito, Deleite posiciónase como a única marca que produce e distribúe este tipo de leite no mercado español. A aposta polo leite A2A2 é total, deixando de producir leite que non cumpra con estes parámetros. Esta aposta resúmea o lema da campaña: O mellor leite posible.

Para esta campaña de lanzamento, Undodez produciu dous anuncios: Volver a empezar e Deleite A2A2, o mellor leite posible. Neste último, Xosé A. Touriñán e Antía Touriñán participan na narración e a parte de imaxe real dun traballo con animacións de Laura Mahía e guión de Andrés Mahía.

 

Portada » Caderno » Deleite aposta pola innovación co leite A2A2

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.