Diferentes enfoques artísticos na Gloria

Nun novo capítulo de 'Na Gloria', a fotografía -e os seus enfoques- enfrontará a Lolo e Pati. Descubrimos tamén un novo segredo de Manuel, que semella unha caixa de sorpresas.
Ao final, semella que Lolo e Manuel teñen algún interes compartido. Foto: Aigi Boga

Pati descubre por casualidade que Lolo é bo fotógrafo. A pesar da sorpresa inicial, logo decátase de que é unha gran sorte, xa que precisa fotografías do hotel para atraer novos clientes desde a páxina web. Algo que pode semellar sinxelo, terá mil atrancos debido ás diferencias de caracteres de Lolo e Pati, e tamén un pouco por culpa de Bertín.

Polo camiño, aprenderemos márketing aplicado para negocios no rural grazas a Waldo e tamén sairá á luz un novo segredo de Manuel.

Este novo capítulo de ‘Na Gloria’ chega este domingo, ás 22.00 horas, á Televisión de Galicia. A serie, creada por Xosé A. Touriñán, Andrés Mahía e Xosé Castro, está protagonizada por Cristina Castaño, Lucía Veiga, David Perdomo, Víctor Mosqueira e o propio Touriñán.

‘Na Gloria’ tamén pode verse na nova plataforma de contidos AGalega, que xa conta con aplicacións para iOS e Android, e que ofrece máis capítulos da serie, así como outros programas ou filmes para desfrutar en calquera momento.

Portada » Caderno » Diferentes enfoques artísticos na Gloria

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.