Os membros da Academia Galega do Audiovisual votan durante estes días na edición dos Premios Mestre Mateo con máis obras e profesionais presentados de todas as celebradas ata agora. Undodez é unha das produtoras con máis proxectos e equipos candidatos -ata 43- que aspiran a ser finalistas en diferentes candidaturas.
Bibopalula
A primeira serie musical de debuxos en galego, que coproducimos coa Televisión de Galicia, estreouse o pasado 29 de novembro, e aspira a ser finalista nos Mestre Mateo nas categorías de serie, dirección –Laura Mahía, dirección de produción –Laura Pazienza Signo-, guión –Andrés Mahía e Saúl Rivas-, montaxe -Lucía Rodríguez, música orixinal e son –Santi Jul e Iván Laxe.

Na Gloria
Tamén na categoría de mellor serie compite Na Gloria, unha coprodución de Tex45 e Undodez que foi hai xa un ano o proxecto co que se estreou AGalega, a plataforma dixital de contidos da Televisión de Galicia. Son candidatos Andrés Mahía e Jairo Iglesias na categoría de dirección, Tania Villaga -dirección de arte-, Pedro Tizón -dirección de fotografía-, Javi Lopa -dirección de produción-, Xosé Castro e Andrés Mahía -guión-, Cristina Castaño e Lucía Veiga -actriz protagonista-, María Costas e Ana Santos -actriz de reparto-, Xosé A. Touriñán, Dani Rovira e David Perdomo -actor protagonista-, Víctor Mosqueira -actor de reparto-, Susana Veira e Beatriz Antelo -maquillaxe e peiteado-, montaxe -Vanessa García Sampedro-, son -Santi Jul, Iván Laxe e David Lagares- e vestiario -Ana López-.

Recollendo Músicas
O programa dirixido por Saúl Rivas e Borja Casal que estreamos no mes de outubro é candidato aos Premios Mestre Mateo na categoría de programa, dirección de produción –Laura Canto-, guión -Saúl Rivas e Borja Casal-, montaxe -Adolfo Fernández-, realización –Adolfo Fernández– e son -Santi Jul e Iván Laxe-.

Nosoutras
Tamén participa na categoría de mellor programa Nosoutras, un programa divulgativo sobre o importante papel que xogaron dez mulleres na cultura do noso país no último século. O proxecto dirixido por Amara Fontao compite, ademais de na categoría de programa, na de dirección, comunicadora –Isabel Garrido-, dirección de arte -Sara Reboiras-, dirección de fotografía -Pedro Tizón-, dirección de produción -Javi Lopa e Álvaro Pérez Becerra-, guión –Amara Fontao-, maquillaxe e peiteados -Mireia García-, montaxe -Jairo Iglesias-, realización -Jairo Iglesias- e son -Santi Jul e Iván Laxe-.

Completan as candidaturas dos proxectos de Undodez o documental Mulleres de Castelo, dirixido por Hadriana Casla e coproducido polo Castelo Conta, o Colectivo Grigri e a Fundación Paideia, e o anuncio publicitario Orde e talento, para o Real Club Deportivo da Coruña.

Os Premios Mestre Mateo entregaranse en Lalín o próximo 15 de marzo, na que será a vixésimo terceira edición da cita organizada pola Academia Galega Audiovisual.