A Televisión de Galicia estrea Catro Gatos, un novo programa de humor para as noites dos domingos.

O domingo 23 de xaneiro ás 20.20 horas chegará Catro Gatos ás pantallas da Televisión de Galicia. Un novo programa de humor que conta coa colaboración de Undodez na produción.

Catro Gatos esterarase o 23 de xaneiro na Televisión de Galicia. Un novo programa de humor que mestura a tertulia cómica cos sketchs humorísticos e está protagonizado por Xosé A. TouriñánFátima PegoNoemi Rodríguez e David Perdomo. Estes catro amigos reuniranse nun bar a falar da vida e das súas vivencias e o resultado desas conversas acaba converténdose en pequenas ficcións humorísticas.

Logo duns meses de gran expectación por parte do público, Catro Gatos chega ás pantallas para reforzar a presenza do humor nas fins de semana da TVG. A partir das 20.20 horas, os catro amigos xuntaranse ao redor da mesa para falar de diferentes temas que lles preocupan ou afectan ao seu xeito de ser.

Esta primeira temporada de Catro Gatos está formada por 13 episodios de 25 minutos e está producido por Tex45 producións en colaboración con Undodez. A dirección do programa é de Jairo Iglesias e Xosé A. Touriñán e os guións están escritos por José L. Prieto, Manuel Cortés, David Perdomo e Xosé A. Touriñán.

Portada » Caderno » A Televisión de Galicia estrea Catro Gatos, un novo programa de humor para as noites dos domingos.