Undodez participa en ‘Origen’, un novo programa gastronómico centrado no produto de calidade

Hoxe La 2 de Televisión Española estrea Origen, unha produción de Interpool Media que contou coa participación de Undodez.

Cartel promocional do primeiro capítulo de Origen, programa de TVE

Origen é un novo programa gastronómico de divulgación centrado no produto. Composto, nesta primeira temporada, por oito programas monográficos, Origen explora como se producen, cultivan, crían e consumen grandes xoias da gastronomía ibérica.

Oito programas nos que visitaremos diferentes lugares de España perseguindo a orixe do xamón ibérico, a gamba branca, o lechazo, a trufa negra, a alcachofa, a angula, o corzo e a centola. Os encargados de preparar estos alimentos de excepcional calidade serán recoñecidos chefs como Paco Pérez, Xanty Elias, Víctor Martín, Óscar García Marina, Miriam de Andrés, Elena Arzak, Óscar Hernando ou Pepe Solla.

Undodez colaborou con Interpool Media na produción desta serie monográfica que inicia hoxe o seu percorrido nas pantallas de RTVE. Dirixido por Carlos Pareja, Origen está realizado por Jairo Iglesias e conta con Javier López, Álvaro Pérez Becerra, Elisa Martínez e Paco Abelleira no seu equipo de produción. Manuel Vázquez foi o encargado de operar cámaras e drone, Santi Jul e Iván Laxe son os responsables do son e a edición é de Vanessa García co apoio de Raúl Parga e o grafismo de Rubén Salgueiros.

A emisión será os venres ás 18.45 horas en La 2 e dispoñibles á carta en RTVE Play.

Portada » Caderno » Undodez participa en ‘Origen’, un novo programa gastronómico centrado no produto de calidade