Estreamos a nova web de Undodez

Recompila todos os nosos traballos, así como unha sección de actualidade, e o detalle dos servizos técnicos e de produción cos que participamos da industria do audiovisual en Galicia.

Undodez comeza o 2024 con nova páxina web. Logo de varios meses axeitando o traballo de comunicación e promoción da produtora a diferentes estratexias de dixitalización, estreamos a canle principal de difusión dos nosos proxectos, que seguirá complementándose con publicacións periódicas en redes sociais, ou o envío dun caderno mensual de actualidade por correo electrónico en moi pouco tempo.

O novo espazo de Undodez na rede recolle seccións de contido corporativo, sobre a empresa, o traballo de produción ou os servizos que ofrecemos, pero sobre todo, é o lugar no que atopar toda a información sobre cada un dos proxectos dos que participamos.

A sección de traballos permite acceder ao detalle de cada produción, coa información dos seus equipos, e noticias relacionadas, tanto publicadas na web de Undodez, como en medios externos.

A web complétase coa sección de caderno, que recolle as novidades sobre a actividade da produtora.

Espallar: a gran aposta pola consolidación da nosa estrutura

Nas próximas semanas a web de Undodez completarase cun espazo dedicado ao proxecto Espallar. Trátase dun plan en colaboración co Ministerio de Cultura, a través da súa liña de modernización e innovación das industrias culturais e creativas, que busca tecer as redes necesarias para a produción de contidos complementarios relacionados cos nosos proxectos, de xeito que sexa posible manter durante máis tempo aos equipos técnicos, artísticos e de produción, e así facer máis sólida a estrutura da produtora.

Portada » Caderno » Estreamos a nova web de Undodez

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.