Jairo Iglesias gaña o Mestre Mateo a Mellor Realización polo seu traballo en ‘Origen’

O realizador compostelán obtivo o galardón que entrega a Academia Galega do Audiovisual por Origen, un programa documental producido por RTVE e Interpool Media no que Undodez colaborou en labores de produción.

Jairo Iglesias posa co Mestre Mateo obtido por Origen
Jairo Iglesias co Mestre Mateo. Foto: Vanessa Rábade | Academia Galega do Audiovisual

O 19 de marzo, celebrouse a XX edición dos premios Mestre Mateo que cada ano premian ás mellores producións e profesionais galegas do ano. Nun ano especial co motivo do 20 aniversario dos premios, a Academia Galega do Audiovisual renovou o formato da gala, que foi retransmitida en directo pola Televisión de Galicia.

Jairo Iglesias competía na categoría a Mellor Realización con Gerardo Rodríguez (Malicia Noticias), José Villaverde (Land Rober Tunai Show) e Marcos Estebo e Diego Guerrero (Cos Pés na Terra). A súa candidatura foi a única finalista por parte de Origen, resultando finalemente gañadora.

Origen é un programa documental que fai unha achega á gastronomía española a través dos seus produtos estrela. Cun coidado tratamento visual e a participación de referentes da cociña e produtores e comercializadores locais, Origen tivo unha boa acollida nesta primeira temporada en La 2. O programa é un proxecto de Interpool Media para RTVE no que Undodez colaborou na produción.

Portada » Caderno » Jairo Iglesias gaña o Mestre Mateo a Mellor Realización polo seu traballo en ‘Origen’

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.