‘Na Gloria’ foi o máis visto no primeiro mes de AGalega

A serie de comedia foi desenvolvida para a plataforma dixital da Televisión de Galicia. Cada mércores estrearase un novo capítulo desta primeira temporada.
Cristina Castaño e Xosé A. Touriñán en 'Na Gloria'. Foto: Aigi Boga

A estrea de ‘Na Gloria’ tivo unha gran acollida, situándose como o contido máis visto de AGalega neste primeiro mes de vida. A nova plataforma de contidos dixitais da Televisión de Galicia apostou pola comedia de Xosé A. Touriñán, Andrés Mahía e Xosé Castro para o seu lanzamento e o público respondeu.

O primeiro capítulo, cunha duración especial de media hora, foi o máis visto do mes. Cun elenco formado por Cristina Castaño, David Perdomo, Lucía Veiga, Dani Rovira e o propio Touriñán, a comedia levantara unha grande expectación e os datos de audiencia refrendaron esa aposta da canle pública.

‘Na Gloria’ está deseñada para o seu consumo na app, con capítulos de 15 minutos que irán estreándose semanalmente. No primeiro episodio coñecimos a Pati, Lolo, Waldo, Paca e Bertín, e vimos que a vida na Gloria non era tan idílica como Pati lembraba.

A plataforma da Televisión de Galicia alcanzou máis de medio millón de sesións, chegando a 125 países, entre os que sobresaen os Estados Unidos, Suíza e o Reino Unido. A serie ‘Ghuasapp’, a longametraxe de animación ‘Valentina’ ou o ‘Pensando en ti’ foron outros dos contidos destacados deste primeiro mes de vida de AGalega.

Portada » Caderno » ‘Na Gloria’ foi o máis visto no primeiro mes de AGalega

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.