‘Nena’ continúa o seu percorrido por festivais

Tras dun longo periplo por festivais dentro e fóra do territorio, a curtametraxe fixo parada esta fin de semana na XXIV Mostra de Curtas Vila de Noia.
Fotograma dunha secuencia de 'Nena'.

O pasado mes de agosto estreábase ‘Nena’ en Castelo (Culleredo), nun evento moi especial que contou coa participación da equipa da curta. A súa proxección no festival Castelo Conta fixo deste un acontecemento especialmente emotivo por ser a vila natal de Xosé A. Touriñán, director do filme xunto a Jairo Iglesias.

Dende a súa presentación, ‘Nena’ non deixou de xirar polas seleccións de mostras e festivais internacionais e nacionais. A última destas citas, o pasado 1 de novembro moi preto daquí, na XXIV Mostra de Curtas Vila de Noia. Ata o momento, son xa 6 os galardóns obtidos e máis de 20 seleccións en certames especializados.

A súa grande aceptación por parte de xurado e audiencia fixo que a curtametraxe protagonizada por Antía e Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco e David Perdomo acadara numerosos galardóns. O máis recente, o premio na categoría a mellor curta na XI edición de Cencor Orcasitas. Xa en territorio galego, a curta foi recoñecida no Festival de Cine Curto de Ribadeo e na Semana de Cine de Lugo, na categoría a mellor curtametraxe e mellor película galega respectivamente.

Portada » Caderno » ‘Nena’ continúa o seu percorrido por festivais

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.