‘Nena’ gaña o premio á mellor curtametraxe no Curt-Movies de Barcelona

O filme, dirixido por Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias e protagonizado por Antía Touriñán, suma máis de vinte premios e cincuenta seleccións en festivais de todo o mundo.
'Nena' recibiu o premio no Cinema Maldà, en Barcelona.

A curtametraxe Nena, producida por Undodez, recibiu en Barcelona o premio á mellor curtametraxe no festival Curt-Movies. Nun acto celebrado na tarde de onte no Cinema Maldà, en Barcelona, Fernando Balseiro recolleu en nome do equipo do filme o galardón.

Nena foi a obra máis valorada polo xurado entre as máis de sesenta curtametraxes candidatas ao premio, e suma un novo recoñecemento co que xa supera os vinte, ademais de cincuenta seleccións en certames nacionais e internacionais.

Escrita por Xosé A. Touriñán, Nena conta historia dunha rapaza de doce anos (Antía Touriñán) que debe asumir toda a responsabilidade nos coidados da súa familia (Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco e David Perdomo) logo da morte inesperada da súa nai.

Rodada en Mondoñedo e estreada en Castelo (Culleredo) en agosto do 2023, está tamén dirixida por Xosé A. Touriñán, xunto con Jairo Iglesias, e é unha coprodución de Undodez e Mordisco Films.

Portada » Caderno » ‘Nena’ gaña o premio á mellor curtametraxe no Curt-Movies de Barcelona

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.