‘Nena’ gaña o premio do xurado no FIC Vilafamés

A curtametraxe dirixida por Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias resultou vencedora nesta segunda edición do festival castellonenco

Antía Touriñán nunha escena de ‘Nena’

O Festival Internacional de Cine de Vilafamés celebrou a súa segunda edición cun gran éxito de participación e público. ‘Nena’ acadou o primeiro premio do xurado, quen tamén premiou a Luisa Gavasa e Alain Hernández polo seu traballo actoral en París 70 e a Elena Escura pola súa curta ‘Hábitat’ na categoría provincial.

Xosé A. Touriñán e Alberto Díaz, produtores da fita, recolleron o premio na gala celebrada este sábado, 1 de xullo, en Vilafamés, Castellón. É o primeiro premio que recibe a curtametraxe, que acaba de comezar o seu percorrido por festivais de todo o mundo.

‘Nena’ conta a historia dunha familia cambaleada pola morte da nai. A situación desestrutura o núcleo familiar e deixa a responsabilidade do mesmo a Nena, unha cativa de doce anos de idade que, ante a falta de capacidades ao seu redor, asume un rol imposto e leva as súas costas a supervivencia de tres homes.

A curta, filmada en Mondoñedo no verán de 2022, é unha produción de Undodez e Mordisco Films. Para a súa realización, contou co apoio da Agadic e do Concello de Mondoñedo.

Portada » Caderno » ‘Nena’ gaña o premio do xurado no FIC Vilafamés

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.