‘Nena’, producida por Undodez, recibe o apoio da Agadic

Escrita e dirixida por Xosé A. Touriñán é unha das seis curtametraxes apoidas pola Agadic.

Nena, primeira curtametraxe de ficción producida por Undodez, foi seleccionada xunto con outros vinte e un proxectos dentro da liña de axudas da Agadic. A axencia, dependente da Xunta de Galicia, publicou a resolución das axudas á produción e coprodución de obras de interese cultural galego. Touriñán e Jairo Iglesias serán os encargados de dirixir esta curtametraxe escrita polo actor cullerdense en colaboración con José L. Prieto. A historia, ambientada no rural galego, indaga dende o humor negro no dó e no sentimento de perda polos seres queridos. O proxecto atópase en fase de desenvolvemento e contará coa participación do propio Touriñán como actor.  

Portada » Caderno » ‘Nena’, producida por Undodez, recibe o apoio da Agadic

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.