‘Nena’ suma novos galardóns

A curtametraxe dirixida por Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias segue recollendo premios un ano despois da súa estrea
David Perdomo, Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán e Antía Touriñán durante a rodaxe. Foto: Aigi Boga

Nena continúa colleitando éxitos no seu percorrido polos festivais. Na XXVI Edición do Certame Internacional de Curtametraxes “Ciudad de Soria”, celebrada do 8 ao 17 de novembro de 2024, a obra foi recoñecida con dous premios. Un deles foi o Premio RC Service á Mellor Dirección de Fotografía, outorgado a Pedro Tizón, pero tamén o Premio PNR Ópera Prima á Mellor Curtametraxe Español, concedido pola Plataforma Nuevos Realizadores.

Este último galardón, que se entregou por primeira vez nesta edición, destaca a mellor obra inicial dun director ou directora no ámbito estatal, premiando o traballo de Xosé A. Touriñán e de Jairo Iglesias.

A curta, seleccionada entre 54 traballos procedentes de 14 países, destacou pola súa calidade visual nun evento que promove a curtametraxe como medio esencial de expresión audiovisual e a recoñece como unha parte imprescindible do cine.

Nena conta a historia dunha familia cambaleada pola morte da nai. A situación desestrutura o núcleo familiar e deixa a responsabilidade do mesmo a Nena, unha cativa de doce anos que, ante a falta de capacidades ao seu redor, asume un rol imposto e leva ás súas costas a supervivencia de tres homes.

Estes últimos recoñecementos súmanse a unha lista que xa supera as dúas cifras e que levou esta historia orixinal de Touriñán por festivais de todo o mundo.

Portada » Caderno » ‘Nena’ suma novos galardóns

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.