‘Nena’ suma unha nova selección no FIC Andaina de Redondela

A curtametraxe de Xosé A. Touriñán, que codirixiu con Jairo Iglesias, supera xa o medio cento de seleccións en certames de todo o mundo, e proxectarase na localidade pontevedresa o 26 de abril.
David Perdomo é un dos protagonistas de 'Nena'.

O FIC Andaina seleccionou Nena, a curtametraxe producida por Undodez e Mordisco Films e creada por Xosé A. Touriñán, entre unha das mellores da décimoterceira edición do festival. O filme que protagonizan Antía Touriñán, Carlos Blanco, David Perdomo e o propio Touriñán participa no primeiro bloque da sección oficial xunto con obras como La Casa de la abuela, Tito ou Aigua salina.

O 26 de abril a partir das 19.30 proxectaranse as catro curtas en Moaña, subsede do festival, dedicado a visibilizar e sensibilizar sobre a diversidade funcional.

Nena suma máis de cincuenta seleccións

A curtametraxe dirixida por Touriñán e Jairo Iglesias suma coas últimas seleccións coñecidas máis de cincuenta desde a súa estrea hai menos de dous anos, ademais de preto de vinte premios.

Nena achega unha realidade social e cultural coa que conviven moitas familias. Afonda na perpetuación dos roles de xénero na esfera privada, e fala sobre as consecuencias de eludir responsabilidades e sobre o valor do compromiso.

Portada » Caderno » ‘Nena’ suma unha nova selección no FIC Andaina de Redondela

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.