‘Nena’ triunfa no Festival de Villa de Ledesma con tres galardóns

A curta obtivo os premios a Mellor Dirección, Mellor Actriz e Mellor Curtametraxe de Ficción
Antía Touriñán é a protagonista de 'Nena' xunto a Carlos Blanco, David Perdomo e Xosé A. Touriñán. Foto: Aigi Boga

A curtametraxe Nena, foi unha das grandes protagonistas da recente edición do Festival Internacional de Cinema Villa de Ledesma, celebrado a pasada fin de semana neste municipio salmantino. A historia, que explora a perda e o cariño, destacou no festival conseguindo tres premios.

A curta alzouse co galardón a Mellor Curtametraxe de Ficción, recoñecendo a súa sobresaínte narrativa e a forma na que achega ao público esta historia familiar. Ademais, o traballo dos seus directores, Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias, foi premiado co galardón a Mellor Dirección, destacando a súa posta de escena e capacidade para retratar aos personaxes. Finalmente, Antía Touriñán foi recoñecida co premio a Mellor Actriz, grazas a súa fantástica interpretación.

O éxito de Nena resalta o crecente interés polas narrativas propias e singulares. Ademais, este festival pretende levar a escena rural á gran pantalla e dar protagonismo a aquelas vilas que gozaron de esplendor en épocas pasadas.

Portada » Caderno » ‘Nena’ triunfa no Festival de Villa de Ledesma con tres galardóns

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.