Noite de citas na Gloria

Esta noite, un novo episodio de 'Na Gloria' chega á Televisión de Galicia. Serán quen Lolo e Pati de entenderse? Triunfará o amor? Cousas máis raras se viron na Gloria.
Paca é a mellor conselleira en temas amorosos da Gloria.

Pati e Lolo seguen anoxados e, grazas aos consellos de Paca e Bertín, deciden usar os celos como arma. A noite, non sairá como teñen todos pensado, pero sempre triunfa o amor ou, polo menos, a paixón.

Por se non chegaran os líos entre Lolo e Pati, un paquete coa dirección equivocada chega á aldea. O seu contido disparará todo tipo de rumores sobre a quen estaba dirixido. Líos amorosos e líos postais que complican o fráxil equilibrio da harmonía local.

O desenlace deste episodio podémolo ver este domingo, a partir das 22.00 horas, na Televisión de Galicia. E todos os capítulos están dispoñibles en AGalega, tanto na web como nas aplicacións para dispositivos.

Portada » Caderno » Noite de citas na Gloria

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.