Os Premios Mestre Mateo entregaron en Pontevedra os seus galardóns especiais a producións que promoven valores como a sostibilidade ou o coidado do idioma.
Pati, unha executiva en crise vital, deixa a súa vida anterior para instalarse en A Gloria, unha pequena localidade do Camiño Francés, coa idea de converter a casa dos seus avós nun albergue para peregrinos en busca de paz interior. Coa axuda do seu amigo Bertín, un esixente chef vegano, intenta recuperar o espírito feliz dos veráns da súa infancia.
Porén, axiña descobre que a vida rural non é tan idílica: os peregrinos non son tan espirituais, a convivencia cos veciños resulta caótica e unha serie de personaxes peculiares, especialmente o temperamental Lolo, acabarán poñendo a proba a súa paciencia, os seus plans e mesmo os seus sentimentos.
Noticias relacionadas
Últimas horas nas votacións dos Mestre Mateo: estes son os proxectos finalistas de Undodez
A serie de animación ‘Bibopalula’ compite na categoría de mellor serie de televisión. ‘Nosoutras’ e ‘Recollendo Músicas’ aspiran ao premio a mellor programa, e os seus realizadores son finalistas na categoría de mellor realización. Lucía Veiga pode levar o premio á mellor actriz protagonista por ‘Na Gloria’.
Cinco candidaturas para proxectos de Undodez nos primeiros Premios AGalega.gal
‘Nosoutras’, ‘Na Gloria’, ‘Recollendo Músicas’, ‘Bechos’ e ‘Bibopalula’ optan a catro das once categorías dos premios.


