Bibopalula gaña o Premio Deleite á promoción da lingua

Os Premios Mestre Mateo entregaron en Pontevedra os seus galardóns especiais a producións que promoven valores como a sostibilidade ou o coidado do idioma.
Foto de familia dos finalistas da XXIII edición dos Premios Mestre Mateo. Foto: Aigi Boga

A serie de animación Bibopalula producida por Undodez e a Televisión de Galicia, foi recoñecida en Pontevedra co Premio Deleite á promoción da lingua, no marco da XXIII edición dos Premios Mestre Mateo. Estes galardóns, que promove a Academia Galega do Audiovisual nas semanas previas á gran gala de entrega dos seus premios, salientan producións comprometidas con valores como a sostibilidade ou a difusión da lingua galega.

O xurado recoñeceu á serie creada por Andrés Mahía “por ofrecer a unha nova xeración de nenos e nenas a posibilidade de desfrutar dunha serie de animación feita na nosa lingua”, ao tempo que destacou a transcendencia do contido máis alá do audiovisual “a través dunha ampla oferta de contidos complementarios que sinalan un camiño cara un escenario máis optimista para o futuro do galego”.

Laura Mahía, directora da serie, recolleu o premio nun acto celebrado na sede da Deputación de Pontevedra, onde destacou a importancia de que sigan existindo contidos para que as nenas e nenos poidan medrar na súa lingua.

O resto de candidaturas finalistas de Undodez, presentes no encontro

A xuntanza de finalistas dos Premios Mestre Mateo reuniu no Pazo Provincial de Pontevedra a máis de cento cincuenta profesionais do audiovisual galego, entre eles, os equipos das obras finalistas de Undodez: Saúl Rivas e Borja Casal, directores de Recollendo Músicas ou Amara Fontao, directora de Nosoutras (nos dous casos finalistas a mellor programa), o realizador Adolfo Fernández -finalista na categoría de mellor realización por Recollendo Músicas– ou a actriz Lucía Veiga, finalista a mellor interpretación feminina protagonista por Na Gloria. Estiveron tamén presentes os produtores de Undodez, Javi Lopa -finalista xunto con Ana Míguez á mellor dirección de produción por +Cuñados-, e Álvaro Pérez Becerra, que é tamén presidente da Academia Galega do Audiovisual.

Portada » Caderno » Bibopalula gaña o Premio Deleite á promoción da lingua

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.