Producimos ‘Amigos Hasta la Muerte’, primeira longametraxe como director de Javier Veiga

O filme, protagonizado por Mauricio Ochmann, Marta Hazas e o propio Javier Veiga está rodándose estes días en diferentes localizacións de Ourense, O Grove e Santiago de Compostela. Conta co apoio da Xunta de Galicia, Xacobeo 21·22 e a Deputación de Ourense

Jacobo Sutil, Javier Veiga, Álvaro Pérez Becerra e Anxo M. Lorenzo, durante a presentación de Amigos hasta la muerte. Foto AIGI BOGA

A pasada semana arrincou no Grove a rodaxe de Amigos Hasta la Muerte, primeira longametraxe como director de Javier Veiga. Producida por Undodez e Medio Limón, está protagonizada por Marta Hazas e Mauricio Ochmann ademais do propio Veiga e baseada na obra de teatro homónima escrita tamén polo grovense. Ourense, Santiago de Compostela e diferentes etapas do Camiño Xacobeo serán as localizacións desta comedia que conta co apoio da Xunta de Galicia a través do seu programa Hub Audiovisual Industria Creativa, Xacobeo 21·22 e a Deputación de Ourense. Estas axudas da Xunta de Galicia a través do Hub Audiovisual están dotadas cun orzamento de 9,6 millóns de euros para o período 2021-2023 a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Eixo REACT-UE do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da Covid-19.

Luna Gallego, Nacho Nugo e Óscar Allo interpretarán os personaxes de Marta Hazas, Mauricio Ochmann e Javier Veiga de novos e o resto do elenco está formado por recoñecidos actores como Xosé A. Touriñán, David Amor, Ledicia Sola, Mela Casal ou Fele Martínez. O músico coruñés Xoel López contará tamén cun pequeno papel ademais de compoñer varios temas para a banda sonora dunha película na que a música ocupa un lugar destacado da trama.

Amigos Hasta la Muerte é unha historia sobre os límites da amizade. Unha historia con moitas cousas por pechar: plans, promesas, risas, desculpas, reconciliacións, lembranzas, bágoas, máis risas… cousas pendentes e segredos que, se cadra, chegaron ao momento de ser destapados. Está baseada na obra de teatro do mesmo nome que triunfou nos escenarios de España e América Latina con versións en español, galego, catalán e éuscaro. A súa estrea está prevista para o primeiro semestre de 2023.

Portada » Caderno » Producimos ‘Amigos Hasta la Muerte’, primeira longametraxe como director de Javier Veiga

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.