‘Nena’, de Xosé A. Touriñán arrinca a súa rodaxe en Mondoñedo

Antía Touriñán, Carlos Blanco, David Perdomo e o propio Touriñán son os protagonistas desta curta escrita tamén polo actor e cómico cullerdense. A rodaxe desenvolverase durante toda a semana na parroquia da Couboeira e no centro histórico mindoniense

David Perdomo, Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán e Antía Touriñán durante a rodaxe de Nena

Mondoñedo acolle a rodaxe da primeira curtametraxe como guionista e codirector de Xosé A. Touriñán. Nena é unha historia na que Touriñán levaba tempo traballando e que finalmente escribiu durante o confinamento. Protagonizada pola súa filla, Antía Touriñán, é unha historia luminosa sobre a perda e os afectos.

Carlos Blanco e David Perdomo interpretan ao avó e ao tío da nena, sobre quen pese a súa curta idade recaen responsabilidades emocionais e afectivas coas que non debera ter que cargar tan nova. Localizada no rural galego, a acción desenvólvese completamente en Mondoñedo, con secuencias no centro histórico e na casa gandeira na que reside a familia, situada na parroquia mindoniense da Couboeira.

Touriñán afirma que para este proxecto, producido por Undodez e Mordisco e que conta co apoio da Agadic, quixo rodearse da súa familia e amigos. Ademais de Antía, o seu fillo Andrés tamén ten un pequeno papel e o resto do elenco participante está conformado por amigos e compañeiros habituais das súas producións como Noemi Rodríguez, Rubén Prieto ou Sergio Zearreta.

O equipo técnico está conformado polo realizador Jairo Iglesias, que exercerá de co-director, o director de fotografía Pedro Tizón, o sonidista Santi Jul e a directora de arte Tania Villamarín. A música orixinal é obra de Belém Tajes e José L. Prieto colaborou na escritura da versión final do guión xunto a Xosé A. Touriñán

Portada » Caderno » ‘Nena’, de Xosé A. Touriñán arrinca a súa rodaxe en Mondoñedo

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.