Unha semana de éxitos para ‘Nena’

'Nena' faise co premio a mellor curta española na Mostra de Curtas Vila de Noia. Perdomo, intérprete no filme, é galardoado por partida dobre nos festivais celebrados en Noia e Almassora.
Un momento da rodaxe de 'Nena' en Mondoñedo. Foto: Aigi Boga

Nena, a curta de Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias, continúa acadando éxitos. Ao seu palmarés únense os tres recoñecementos recibidos esta fin de semana en Noia e Almassora (Castellón).

O pasado sábado 11 tiña lugar no Teatro Coliseo Noela a Gala de entrega de Premios da XXIV Mostra de Curtametraxes Vila de Noia, na que Nena foi premiada por partida dobre. Así, a produción recibiu o Premio Blog Español na categoría a mellor curta española e o Premio Ex Aequo para David Perdomo pola súa interpretación na mesma.

Do mesmo xeito, a interpretación de Perdomo na curta producida por Undodez e Mordisco Films foi galardoada no 5º Festival Internacional de Cortometrajes de Almassora. O cómico coruñés recibiu no festival valenciano o Premio EMAT a mellor actor polo seu papel no guión orixinal de Touriñán.

En Nena David Perdomo dá vida a Tío, unha persoa inxenua á par que sensible que se esforza por coidar da súa familia logo da tráxica perda que a fai cambalear. Ao longo do filme a súa sobriña Nena, interpretada por Antía Touriñán, tratará de integralo e coidar del mentres o seu pai e o seu irmán viven o seu loito sen case percatarse da súa presenza.

Portada » Caderno » Unha semana de éxitos para ‘Nena’

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.