Viña Costeira retoma a campaña Amor de Bares… Claro que temos que brindar!

Producimos o novo anuncio da cooperativa do Ribeiro para apoiar ao sector da hostalería, de novo con Xosé A. Touriñán como protagonista. Unha nova mensaxe de optimismo para pensar que moi pronto recuperaremos todo o tempo perdido, cos amigos, coa familia, e ata cos da pachanga dos mércores, nos nosos bares preferidos.


Da capacidade de adaptarnos a todas as situacións posibles saen discursos reveladores e moi boas ideas. Ditas polo noso hostaleiro de confianza, ata soan mellor. “Non importa a distancia, porque estar xuntos, é sentir que estamos xuntos”, asegura Xosé A. Touriñán no novo anuncio de Viña Costeira. Unha peza coa que a bodega ourensá reafirma o seu compromiso co sector da hostalería logo dun ano de sucesivos peches e aperturas, e á vez lanza un dos seus produtos menos coñecidos, o tinto mencía, desta volta coa etiqueta da edición especial Amor de Bares.

Coa dirección de Jairo Iglesias, e o guión de Jose L. Prieto e o propio Touriñán, gravamos este anuncio no mes de marzo, no restaurante Samaná, na Coruña. Contamos con Antonio Vales como director de fotografía, con Banale na dirección de arte, o vestiario de Laura Baena e a música orixinal de David Quinzán, coa posprodución de son a cargo de Santi Jul e Iván Laxe.

E agora… a brindar!

Portada » Caderno » Viña Costeira retoma a campaña Amor de Bares… Claro que temos que brindar!