A música de Bibopalula chega a todo o mundo da man de Animotion Media

O acordo entre Undodez e Animotion Media permitirá que as cancións da Banda do Bosque estean dispoñibles nas principais plataformas dixitais de forma global. Con esta alianza, 'Bibopalula' dá un novo paso na súa expansión internacional, levando a lingua e a creación galega a audiencias de todo o mundo.
A Banda do Bosque

A produtora internacional Animotion Media e Undodez Producións anuncian un acordo para levar a música de Bibopalula, a primeira serie musical de animación en galego, a plataformas dixitais de todo o mundo.

Creada por Laura Mahía e Andrés Mahía e coproducida pola Televisión de Galicia, Bibopalula continúa a súa expansión internacional coa distribución global da súa banda sonora. O acordo, asinado con Animotion Media, permitirá que os temas orixinais da serie (compostos por Santi Jul e Iván Laxe) estean dispoñibles en Spotify, Apple Music, Amazon Music e YouTube Music, ampliando o alcance dun proxecto que combina natureza, amizade e aprendizaxe a través da música.

A serie, pensada para os espectadores máis pequenos, presenta as aventuras da Banda do Bosque: a pega Pegui, o merlo Merli, o paporrubio Robin e Carpin o picapau, catro paxariños que descobren xuntos a natureza e fan música xuntos. Con capítulos de cinco minutos, Bibopalula converteuse nun referente do contido familiar en galego e mesmo inspirou un espectáculo teatral que percorreu escenarios de toda Galicia.

Segundo destacou Animotion Media, Bibopalula representa “un exemplo de creatividade e calidade no contido musical infantil”, e o seu catálogo contribuirá a reforzar a presenza de producións orixinais na oferta global de música para público familiar. O primeiro lanzamento internacional é o sinxelo “A Poza”, xa dispoñible nas principais plataformas dixitais.

Con este acordo, Bibopalula continúa a consolidar a súa presenza máis alá de Galicia, reforzando a proxección da animación e da creación musical galega no ámbito internacional.

Portada » Caderno » A música de Bibopalula chega a todo o mundo da man de Animotion Media

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.