AGalega estrea ‘Nena’

A curtametraxe escrita por Xosé A. Touriñán, que tamén dirixe xunto con Jairo Iglesias, e que protagoniza Antía Touriñán, xa pode verse na plataforma de contidos dixitais da Televisión de Galicia.
Antía Touriñán protagoniza 'Nena'.

Unha familia de cinco vese cambaleada pola morte dunha muller: nai, esposa, nora, cuñada… Unha situación que desestrutura o núcleo familiar. Unha nena de doce anos asume toda a responsabilidade.

Esa nena é Antía Touriñán, protagonista de ‘Nena’. O primeiro traballo de Xosé A. Touriñán detrás das cámaras, como director e guionista dunha curtametraxe estreada en Castelo (Culleredo) en agosto do 2023, e rodada un ano antes en Mondoñedo. AGalega, a plataforma de contidos dixitais da Televisión de Galicia vén de poñela ao dispor do público esta semana.

Carlos Blanco e David Perdomo protagonizan xunto co propio Touriñán e Antía o filme, no que tamén participan Sergio Zearreta, Andrés Mahía, Noemi Rodríguez ou Patricia Castrillón. Pedro Tizón e Tania Villaga son o director de fotografía e a directora de arte de ‘Nena’, que tamén conta cunha canción orixinal de Belem Tajes.

Codirixida por Touriñán e Jairo Iglesias, ‘Nena’ suma desde a súa estrea hai pouco máis dun ano preto de vinte premios en festivais e certames nacionais e internacionais, así como máis de cincuenta seleccións.

Portada » Caderno » AGalega estrea ‘Nena’

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.