Alana estrea ‘Añobres’, o seu novo videoclip, producido por Undodez

Protagonizado por Xoán Fórneas e dirixido por Saúl Rivas e Adolfo Fernández, o tema lanzouse en formato single nas principais plataformas de música.
O videoclip foi rodado na casa natal de Delfina, en Añobres (Muxía)

Añobres é unha homenaxe a Delfina de Añobres, unha muller cuxas coplas foron recollidas por Dorothé Schubarth en 1979 para o Cancioneiro Galego de Tradición Oral. O videoclip foi rodado na casa natal de Delfina, en Añobres (Muxía), e conta coa participación dos seus familiares e dos membros de Alana: Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro.

Alana é un proxecto musical que fusiona a música tradicional galega con ritmos electrónicos e pop, recuperando a esencia das recollidas para darlles unha nova vida sonora. A súa proposta destaca pola innovación sen perder a conexión co legado cultural galego.

O videoclip, producido por Undodez, é o terceiro da formación, e xa está dispoñible na súa canle de YouTube.

Portada » Caderno » Alana estrea ‘Añobres’, o seu novo videoclip, producido por Undodez

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.