‘Amigos hasta la muerte’ preséntase no III Encontro Mundial de Humorismo

Será o domingo 30 de abril, ás 20:30 horas no Teatro Colón da Coruña. 

Trala súa preestrea no Festival de Cine de Málaga e a presentación a medios galegos en Ourense, o filme Amigos hasta la muerte, escrito e dirixido por Javier Veiga, proxéctase por primeira vez ao público xeral no Encontro Mundial de Humorismo (EMHU) na Coruña o vindeiro domingo, 30 de abril, ás 20:30 horas no Teatro Colón.

Ademais da proxección, a presentación da película no EMHU inclúe coloquio e un espectáculo aberto ao que xurda. O evento contará coa presenza de Javier Veiga, Marta Hazas, David Amor e Xosé A. Touriñán, nunha charla onde se poderán coñecer moitas intrahistorias da gravación e gozar do humor dos catro actores e actrices (e tamén amigos).

As entradas para este primeiro pase para o público xeral están a piques de esgotarse. O filme chegará aos cines o 15 de setembro.

Sobre o filme

Protagonizado polo propio Javier Veiga, Marta Hazas e Mauricio Ochmann, o filme conta a historia de María, Nacho e Suso, tres amigos de toda a vida. Xuntos compartiron moitas cousas, quizais incluso demasiadas… E, de repente, a dous deles vailles tocar compartir o secreto de que o outro vai morrer. Pero antes quédalles moito por facer: plans, promesas, reproches, risas, reconciliacións, lembranzas, máis risas, algunha bágoa… e algo pendente que quizais chegou a hora de destapar. Os tres van descubrir o pouco que importan agora as cousas que parecían importantes.

O filme conta ademais coa participación de Luna Gallego, Nacho Nugo e Óscar Allo, que interpretan a María, Nacho e Suso cando tiñan só vinte anos, e actores galegos como Xosé A. Touriñán, David Amor, Ledicia Sola, Mela Casal ou o músico Xoel López.

 

Portada » Caderno » ‘Amigos hasta la muerte’ preséntase no III Encontro Mundial de Humorismo

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.